A Xunta impulsa o talento feminino en postos de responsabilidade co programa 'Medrando Xuntas'

Lun, 08/10/2018 - 08:30

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, mantivo un encontro en Santiago coas preto de 30 mulleres que están a participar na segunda edición de Medrando Xuntas, un programa co que a Xunta está impulsar o talento feminino en postos de responsabilidade de entidades vinculadas coa economía social.

Toca destacou que a Administración autonómica a través de Emprega en feminino está a apoiar o acceso da muller ao traballo. Trátase dunha folla de ruta que xa beneficiou a 80.000 mulleres e que inclúe diferentes programas, entre eles Medrando Xuntas, a través do que se ofrece formación dirixida a mulleres directivas e a mulleres socias e traballadoras de empresas de economía social. A actividade desenvólvese en Santiago e Lugo. Na xornada á que asistiu a secretaria xeral de Emprego abordáronse aspectos relacionados coa responsabilidade social.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/34183/xunta-impulsa-talento-femenino-puestos-responsabilidad-con-programa-creciendo