A Xunta inicia un novo ciclo de encontros en liña para informar sobre os novos apoios do Igape Responde a pemes e autónomos

Lun, 14/09/2020 - 08:30

A Xunta deu comezo a un novo ciclo de encontros en liña que durante este mes de setembro facilitará información polo miudo ás pemes e os autónomos galegos sobre os diferentes apoios que, dentro do programa Igape Responde, ofrecen as novas convocatorias do ReAcciona, dirixidas a impulsar a reactivación da actividade dos colectivos empresariais máis vulnerables no novo contexto económico provocado pola covid-19.

Os sete webinarios programados dan a coñecer os servizos nos que expertos apoian e asesoran sobre medidas que deben adoptar comercios, autónomos e empresas para mellorar a súa competitividade en ámbitos como a reorganización estratéxica e operativa dos negocios, a profesionalización, a dixitalización e, como novidade este ano, a innovación. Os interesados poden consultar os programas dos encontros, e inscribirse, na páxina web http://reacciona.igape.es/.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51329/xunta-inicia-nuevo-ciclo-encuentros-linea-para-informar-sobre-los-nuevos-apoyos