A Xunta organiza un obradoiro dixital para mellorar as oportunidades laborais dos maiores de 45 anos e parados de longa duración

Lun, 26/04/2021 - 08:30

A Xunta desenvolverá entre o 11 de maio e o 11 de xullo un obradoiro dixital de formación en competencias brandas, é dicir, o curso avaliará as habilidades dos participantes en organización, traballo en equipo, análise, conexión, comunicación, actualización, creatividade, xestión emocional e capacidade resolutiva.

A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas maiores de 45 anos e parados de longa duración co obxectivo de mellorar as súas oportunidades laborais. Así, está enfocada á busca de emprego, ao autoemprego, á adaptación a situacións descoñecidas e aos novos contornos dixitais. Un estudo recente realizado por Linkedin destaca que o 92% das persoas directivas de empresas consideran que as competencias brandas son iguais ou máis importantes que as técnicas. Ademais, o 75% dos responsables de Recursos Humanos sinalan que as soft skills son esenciais ñá hora de seleccionar ou non un candidato. Si se fala de postos directivos, a porcentaxe aumenta ata o 94%.

As persoas interesadas en participar no obradoiro poden anotarse xa e ata o próximo 10 de maio a través da dirección de mail https://rumboaempregabilidade.fpgft.gal/. No curso analizaranse 9 competencias brandas e o grao de uso que se fai en cada unha delas, así como se exporán experiencias de persoas expertas no mundo do management, dos recursos humanos e da empresa. Así mesmo, haberá tamén sesións de coaching individuais. 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57411/xunta-organiza-taller-digital-para-mejorar-las-oportunidades-laborales-los-mayores