A Xunta pon á disposición do tecido empresarial de Ourense o programa ReAcciona para reinventar os seus negocios e facer fronte aos novos retos do mercado

Lun, 16/04/2018 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo esta mañá a disposición do tecido empresarial de Ourense o programa ReAcciona para reinventar os seus negocios e facer fronte aos novos retos do mercado, durante a súa participación en Ourense na xornada sectorial ReAcciona adicada á mellora da competitividade do sector agroalimentario.

A xornada tiña como obxectivo presentar, da man dos seus protagonistas, casos de éxito de empresas participantes en anteriores edicións, así como informar desta iniciativa aos empresarios para que se sumen aos programas ReAcciona que, desde a súa posta en marcha levan apoiado 800 empresas, con servizos para impulsar a competitividade das pemes galegas que pasan por melloras na produción, no eido comercial, estratéxico, financeiro ou da Industria 4.0, ofrecendo axuda a través dun itinerario personalizado e a posibilidade de optar aos apoios do Igape.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/29739/xunta-pone-disposicion-del-tejido-empresarial-ourense-programa-reacciona-para