A Xunta promove prácticas saudables nas empresas para detectar risco cardiovascular e ictus entre as persoas traballadoras

Mér, 26/05/2021 - 11:31

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, celebrou hoxe desde Santiago de Compostela un webinario para a prevención das enfermidades cardiovasculares e o ictus na empresa.

A actividade forma parte das iniciativas que o Instituto desenvolve desde a área de medicina no traballo, para asesorar ás firmas que forman parte da rede estatal de empresas saudables. Trátase de aportar a estas organizacións recursos para que promovan a saúde no traballo e, en definitiva, melloren el benestar das persoas traballadoras. Neste caso concreto, na xornada ofrecida en colaboración con Ibermutua, abordáronse aspectos para a identificación e prevención de factores de risco cardiovascular e ictus.

Galicia conta cun total de 26 empresas (16 na Coruña, 8 de Pontevedra, 1 de Lugo e outra de Ourense) dentro da Red de empresas saludables que no eido estatal está integrada por 802 firmas. Nesa vintena de entidades, atópanse grandes distribuidoras de alimentación e bebidas, hospitais, consultoras, firmas de infraestruturas ou telecomunicacións, asociacións e entidades públicas como o Servizo Galego de Saúde.

O Issga forma parte desde 2015 do Comité de verificación de empresas saudables, integrado polo Ministerio de Sanidad, o Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo e o Consejo Superior de Deportes. Ademais do galego, está integrada tamén polos órganos de prevención de riscos laborais de Aragón, Madrid, Comunidade Valenciana e Cantabria. Este órgano avalía os programas que presentan as empresas para a promoción da saúde no traballo e que aspiran a ser recoñecidos como boas prácticas na materia.
As iniciativas saudables reportan beneficios económicos e as organizacións que as incorporan, melloran os seus resultados en termos de produtividade, competitividade, sustentabilidade e redución de custos sanitarios e de Seguridad Social.

Tal e como constata o Issga, por cada euro gastado en programas de benestar nas empresas, obtense un retorno da inversión promedio de 2,54 euros. Adela Quinzá-Torroja, xerente deste instituto, clausurou a xornada virtual de hoxe, facendo énfase en actuacións que a nivel autonómico desenvolve o Instituto, a maiores da súa participación no proxecto estatal. Así, o Issga encárgase do asesoramento ás empresas galegas na implantación de programas de mellora da saúde integral, organiza foros de discusión con programas específicos para cada idade e promove a actividade física na empresa.
A Xunta conta, a maiores, con escolas de saúde laboral, nas que se traballa na prevención e formación acerca de trastornos musculoesqueléticos derivados da actividade laboral dirixidos a colectivos específicos como redeiras, mariscadoras, traballadores do sector agrario, conserveiras, piscifactorías...

En paralelo, desenvólvense guías de prácticas saudables e de vixilancia da saúde na contorna laboral e se mantén un programa de formación para que os técnicos do Issga conte coa capacitación adecuada para acompañar ao tecido produtivo galego en actividades de promoción da saúde no traballo.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58336/xunta-promueve-practicas-saludables-las-empresas-para-detectar-riesgo-cardiovascular