A Xunta promove a prevención de riscos laborais entre os autónomos a través dunha formación personalizada e práctica

Lun, 05/11/2018 - 08:30

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), está a desenvolver un curso de prevención de riscos laborais para traballadores autónomos co obxectivo de capacitalos nas funcións principais a adoptar no ámbito da prevención de riscos laborais.

Trátase da segunda edición deste curso, que se imparte en liña, e a través do que os autónomos poden acadar un certificado sempre e cando aproben un exame final que será presencial e que terá lugar o 23 de novembro en calquera dos catro centros do ISSGA ou na EGAP, en Santiago.

O curso forma parte da oferta de formación que desenvolve o ISSGA, tanto nos seus centros provinciais como en liña ou a través da aula virtual co obxectivo de proporcionar formación de calidade nesta materia.

A cualificación en liña permite facer máis accesible a toda a poboación a formación en prevención de riscos laborais, dun xeito sinxelo e eficaz ofrecendo unha formación personalizada, interactiva e eminentemente práctica.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/34932/xunta-promueve-prevencion-riesgos-laborales-entre-los-autonomos-traves-una-formacion