A Xunta publica a convocatoria para a creación de 7 novas unidades mixtas de investigación que mobilizarán 17M€

Ven, 20/07/2018 - 08:30

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a nova convocatoria do programa de Unidades Mixtas de Investigación (UMIs) que posibilitará impulsar 7 iniciativas que mobilizarán 17 millóns de euros e favorecerán a creación de 60 postos de traballo cualificados, contribuíndo a que o talento e a ciencia saian do laboratorio e se instalen na industria.

A iniciativa está dotada con 5M€ e poderán presentarse, para cada proposta, un único organismo de investigación de Galicia e unha única empresa -dúas de xeito excepcional, se son do mesmo grupo-. Entre os criterios de valoración terase en conta a calidade científico técnica das propostas, a súa consonancia cos retos contidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS 3), a avaliación dos integrantes ou os impactos tecnolóxicos e socioeconómicos, entre outros. Ademais, como novidade, valorarase especialmente o tratamento que a proposta faga pola igualdade de xénero e, en caso de empate, decidirase en favor da que teña implantado un plan de igualdade.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/32180/xunta-publica-convocatoria-para-creacion-7-nuevas-unidades-mixtas-investigacion