A Xunta recoñece un total de 37 proxectos cos premios de innovación na Formación Profesional dotados con 800.000€

Lun, 05/04/2021 - 08:30

A Xunta de Galicia vén de recoñecer un total de 37 proxectos cos premios de innovación na Formación Profesional. Nestas iniciativas, coordinadas por 25 centros públicos, participan un total de 47 Centros integrados de FP (CIFO) e Institutos de Educación Secundaria (IES), así como 70 empresas e entidades, o que demostra un gran traballo colaborativo e a unión de forzas entre a FP e o sector empresarial.

O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica de 800.000€, é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na Formación Profesional e o fomento do emprendemento.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56732/xunta-reconoce-total-37-proyectos-con-los-premios-innovacion-formacion-profesional?langId=es_ES