A Xunta salienta en Sanxenxo o seu apoio aos proxectos Pop Up para impulsar novas fórmulas comerciais en Galicia

Mar, 07/08/2018 - 08:30

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe en Sanxenxo Las Merceditas de Iria e D-due, dous proxectos Pop Up que recibiron unha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria do programa co que se impulsan en Galicia novas fórmulas de comercialización.

A directora xeral explicou que a Administración autonómica apoia proxectos Pop Up por un prazo máximo de dous meses nun concello distinto onde se veña exercendo a actividade con axudas de ata os 8000 euros. Esta iniciativa conta cun orzamento de preto de 300.000 euros e un investimento xerado de 600.000 euros. Así mesmo, indicou que o departamento autonómico financia a expansión comercial, en concreto, a apertura de novos establecementos comerciais por titulares doutro comercio cun mínimo de dous anos de antigüidade.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/32851/xunta-destaca-sanxenxo-apoyo-los-proyectos-pop-para-impulsar-nuevas-formulas