A Xunta salienta que a formación en industria 4.0 busca dar resposta aos novos perfís profesionais que precisan as pemes

Lun, 26/03/2018 - 08:30

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar, a través do Igape, a concesión de axudas á formación no ámbito da Industria 4.0, das que se beneficiarán 745 técnicos e cadros intermedios de empresas que poderán dar resposta, así, aos novos perfís profesionais que precisan.

Ás axudas á formación 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, ascenden a 363.735 euros, segundo a resolución que acaba de publicarse no DOG, e cobren o 70% do custo. Con estes apoios poranse en marcha cursos en todo o territorio galego para facilitar a formación especializada do persoal técnico nas empresas, chave necesaria para consolidar e acelerar os avances na competitividade do tecido produtivo galego.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/29300/xunta-destaca-que-formacion-industria-4-0-busca-dar-respuesta-los-nuevos-perfiles