A Xunta subliña en Pontevedra que apostar polo talento mozo é unha oportunidade para impulsar iniciativas xeradoras de emprego

Mér, 04/03/2020 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Pontevedra nun encontro con empresarios e emprendedores organizado por Aempe e AJE Pontevedra no que se informou dos diferentes programas de apoio que están nestes momentos abertos á presentación de solicitudes, en eidos como o financiamento, o impulso á contratación ou a internacionalización.

Na súa intervención, Conde destacou que é indispensable apostar polo talento mozo para marcar a diferenza e que é necesario garantir o seu acceso ao tecido empresarial para complementalo e reforzalo. Neste sentido, destacou a capacidade dos mozos e mozas galegos emprendedores para impulsar novos proxectos xeradores de emprego que dean resposta aos retos actuais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/47675/xunta-subraya-pontevedra-que-apostar-por-talento-joven-una-oportunidad-para-impulsar