A Xunta traballa cos artesáns galegos na posta en marcha de tendas pop-up virtuais e o reforzo das accións formativas

Mar, 19/05/2020 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro con diferentes asociacións da artesanía galega e representantes da Comisión e do Pleno da Artesanía de Galicia, cos que avaliou os retos que enfronta o sector no novo contexto económico.

O conselleiro informounos das diferentes iniciativas que se están a desenvolver para apoiar o sector, que emprega preto de 8.000 persoas na Comunidade. Así, no encontro sinalouse que a Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, está a traballar en diferentes iniciativas para impulsar a comercialización de produtos artesáns, como a posta en marcha de tendas pop-up virtuais.

Ademais, a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca reforzar as diferentes accións de formación e especialización que se desenvolven para os artesáns galegos, tanto a través da Fundación como de outros organismos autonómicos.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49018/xunta-trabaja-con-los-artesanos-gallegos-puesta-marcha-tiendas-pop-virtuales?langId=es_ES